«Facer da verdade algo por crear«, esta orwelliana frase pronunciouse o pasado 19 de febreiro nas Xornadas “Unha educación queer é posible”, celebradas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A posmodernidade e a súa postverdade cuestiónano todo, negando así a realidade material.

Alí estaba unha das nosas compañeiras, psicóloga de profesión, que nos relata que, como en todo este tipo de charlas, puido escoitar as xa clásicas frases do transactivismo:
- “O sexo é asignado ao nacer”. O sexo é rexistrado, xunto a data ou a cidade de nacemento. E modificalo, ainda que sexa legalmente, non cambia a realidade.
- “O sexo como construción social”, intercambiándoo polo concepto xénero, como un intento de degradar a categoría biolóxica que é o sexo.
- “Perspectiva transfeminista”, unha entelequia coa que tentan parasitar a loita feminista.
- “Querer estudar a miña realidade, estudar cousas miñas”, afirmaba un poñente, facendo gala do seu narcisismo.
- “Discapacidade como identidade normativa”, ampliando as súas fronteiras ata a perigosa “Ideoloxía crip”.
- “Non naces muller, chegas a selo” . A versión manipulada da cita Simone de Beauvoir que sempre obvia a súa continuación: «Ningún destino biolóxico, físico ou económico define a figura que o femia humana«. Dando a entender que Beauvoir categoriza Muller como xénero e non como sexo, precisamente, na súa obra O segundo sexo.
O posmodernismo e o queer non son outra cousa que un xeito pseudocientífico de promover o individualismo, tentando así romper a loita colectiva. O seu obxectivo é crear división poñendo a cada unha e un de nós no noso recuncho baixo unha etiqueta, tan especial como baleira: Queer, no binarie, trans, cis…
Baixo o título “Unha educación queer é posible”, oito poñentes reuníronse ante un público de estudantes, profesores e outros asistentes interesados, para facer proselitismo do concepto anticientífico da identidade de xénero. A falsa sensación de ter a posibilidade de escoller quén queres ser.
Na sección “Pedagoxías queer” falou a profesora universitaria Mavi Carrera, coñecida polo seu traballo baseado nos conceptos de diversidade, identidades, xénero,… Ás feministas saltánlle inmediatamente as alarmas con estes termos que se resignificaron para suplantar o que antes era a promoción nas aulas da igualdade entre mulleres e homes, pero sobre todo, o de coeducación.
A coñecida como Convención de Istambul foi aprobada polo Consello de Europa en 2011. España está adherida a ela, e obriga ás institucións educativas a incluír nos programas estudos oficiais e en todos os niveis de material didáctico didáctico sobre temas como igualdade entre mulleres e homes, ou roles de xénero non estereotipados. E a ideoloxia Queer encarna a exaltación destes estereotipos tan prexudiciais para as mulleres, e para o conxunto da sociedade.
Mentres, dende as Universidades Galegas, realizan guías para promover a igualdade entre mulleres e homes, organizan eventos como este. Pero xa en 2017 temos exemplos como o do Conferencia de Teoría Queer e Educación no campus de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo en Ourense.
A realidade é que a nivel internacional co caso da Dra. Laura Favaro, ou nacional, penalizase a docentes que se atreven a reivindicar a realidade material de que o sexo existe, e é observable e inmutable.
En España temos varios exemplos, o máis recente Tasia Aránguez a quen apoiamos polo acoso sufrido no programa 59 segundos de La 2 de RTVE. Tamén foi despedida temporalmente e readmitida pola Universidade de Granada. Engádense o casos de censura a Silvia Carrasco, Carola López Moya, Amparo Mañes, Juana Gallego ou Laura Estrego.
Todos estes casos son exemplos das consecuencias da suplantación da coeducación nas aulas que nos contaron as compañeiras de DoFemCo no seu libro «La coeducación secuestrada«.
Dende o Observatorio Feminista Galego, como sabedes, estamos a traballar nun informe preliminar. Pero dentro duns meses publicaremos a súa versión completa na que afondaremos en como é transactivismo mediante protocolos legais nas aulas. Dende a educación infantil ata as Universidades.
Por iso solicitamos oficialmente a María del Mar Lorenzo Moledo, decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, invitar ás profesoras de DoFemCo a falar no futuro próximo.
Pola súa experiencia e a súa auténtica perspectiva feminista, que é a única forma de achegar ás aulas a coeducación. Hoxe aos universitarios, e no futuro ás aulas de galego cando practiquen.
Só así poderemos ver crecer a nosa infancia con igualdade de oportunidades libre de estereotipos sexistas.

Deja una respuesta